miércoles, 19 de junio de 2013

CONTENIDOS MÍNIMOS ECONOMÍA


CONTIDOS MÍNIMOS PARA A PROBA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO CURSO 2011-2012

Nota: En todas as preguntas pódense pedir exemplos ou razonamentos aplicados á realidade actual e empregados nas explicacións durante o curso.

Unidade 1:  O problema básico da economía.
-       Distinguir os distintos tipos de bens, sinalando exemplos apropiados para cada un deles. (Clasificación dos bens e servizos).
Unidade 2: A produción de bens e servizos.
- Os factores de producción.
- Concepto de  produtividade.
- Determinantes da productividade.
- Os sectores económicos.
Unidade 3: Axentes e Sistemas Económicos
-     Os Axentes económicos: Concepto, funcións e obxectivos.
-      O sistemas de economía de mercado: características, vantaxes e inconvenientes.
-      O sistema de planificación central: características, vantaxes e inconvenientes.
-      Os sistemas de economía mixta: características, vantaxes e inconvenientes.
-      Identificación das distintas escolas do pensamento económico: liberalismo, marxismo, Keynesianismo.
Unidade 4: A empresa e as súas funcións
-   Describir as funcións principais que realizan as empresas, así como o proceso de creación de utilidade que levan a cabo.
-       Utilizar o concepto de responsabilidade social das empresas para valorar exemplos reais de actuacións empresariais.
Unidade 5: O mercado e as súas forzas: A oferta e a demanda.
- Factores  que determinan a demanda dos bens.
-  Factores que determinan a oferta dos bens.
- Explicar e representar gráficamente o proceso de formación de prezos de mercado.
- Exercicios sobre o equilibrio de mercado, exceso de demanda e exceso de oferta.

    Unidade 6: Modelos de mercado

-       Clasificación dos tipos ou modelos de mercado segundo o nivel de competencia.
-       O mercado de competencia perfecta: funcionamento, número de oferentes, barreiras, tipo de produto, grao de competencia, influencia sobre os prezos, exemplos.
-       O  mercado de competencia monopolística: funcionamento, número de oferentes, barreiras, tipo de produto, grao de competencia, influencia sobre os prezos, exemplos
-       Características do mercado de oligopolio:  funcionamento, número de oferentes, barreiras, tipo de produto, grao de competencia, influencia sobre os prezos, exemplos
-       O Monopolio:  funcionamento, número de oferentes, barreiras, tipo de produto, grao de competencia, influencia sobre os prezos, exemplos
-       Casos nos que existen os monopolios.
-       Consecuencias dos monopolios.
-       O control dos monopolios.


Unidade 7: O mercado do traballo e o emprego.

- A medición do desemprego.
- As causas do desemprego. Teorías.

-       Explicar as distintas medidas ou políticas contra o desemprego, sinalando exemplos concretos, e valorando as súas vantaxes e inconvenientes.

Unidade 8: Os indicadores económicos.

-       Describir os principais problemas macroeconómicos e as macromagnitudes que os identifican.
-       Descrición do contido do PIB e cómo se mide.
-       Compoñentes do PIB desde a perspectiva do gasto..
-       Valorar os aspectos que non recolle o PIB e as limitacións como indicador da calidade de vida.
-       O IDH: parámetros e criterios de clasificación dos países.


Unidade 9: A intervención do estado na economía.

-          Os fallos de mercado.
-          Os ciclos económicos.
-          As externalidades positivas e negativas.
-          O Estado como corrector das externalidades: instrumentos.
-          As funcións do Sector Público na economía.
-          O Estado do benestar: beneficiarios, futuro, medidas a tomar para o seu mantemento.

Unidade 10: O equilibrio e os cambios na economía.

-          A economía somerxida: concepto e problemas derivados.

Unidade 11: As contas públicas e a política fiscal.

-          Os Orzamentos Públicos: Concepto, diferenza existente entre déficit público e débeda pública, diferenza entre déficit cíclico e déficit estructural.
- Fórmulas para compensar ou reducir o déficit
-          O Gasto Público: Diferenciar entre gastos correntes, gastos de capital e gastos de transferencia diferenciar entre gastos reais e de transferen­cia.
-          Os ingresos públicos: Finalidade dos impostos e tipos de tributos.
-          Distinguir entre impostos directos e indi­rectos, e sinalando exemplos apropiados.
-          A política fiscal expansiva: Instrumentos. Efectos positivos e negativos que produce na economía.
-          A política fiscal contrativa: Instrumentos. Efectos positivos e negativos que produce na economía.
-          Polémica sobre o déficit público: posturas keynesiana e postura monetarista.

Unidade 12: O diñeiro.

-          A creación de diñeiro bancario: A partir dun exemplo numérico, explicar o proceso de creación de diñeiro bancario, os seus efectos sobre a oferta monetaria, o concepto de coeficiente de caixa e o diñeiro total creado.
-          Como se fixa e quen determina o tipo de xuro.
-          Concepto de inflación e clases de inflación: moderada, galopante, hiperinflación.
-          Causas da inflación: Inflación de demanda e Inflación de custos. Explicación Monetarista e Keynesiana.
-          Variables nominais e reais. Cálculo e explicación a través dun exemplo numérico da perda de capacidade adquisitiva do salario dun traballador.
-          Conceptos derivados: Taxa de variación interanual, IPC harmonizado, Inflación subxacente, e Inflación acumulada.



Unidade 13: O sistema financeiro e a política monetaria.

-          Describir o papel dos intermediarios financeiros.
-          Concepto e características dos activos financeiros.
-          A emisión de obrigas e accións.
-          Concepto e función do Mercado de Valores. Mercados primarios e secundarios.
-          Os índices bolsistas: interpretación básica e factores que inflúen.
-          Tipos de xuro nominal e real. Interpretación baseada nun exemplo numérico.
-          O Euríbor.
-          A Política Monetaria expansiva, Instrumentos. Efectos positivos e negativos que produce na economía.
-          A Política Monetaria restritiva. Instrumentos. Efectos positivos e negativos que produce na economía.

2 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  2. en serio? por favor Anabel...podrías aprobarnos a todos sin tener que pasar por esto!!

    ResponderEliminar